Por iso uliamos a óxido non eramos quen de chegar até os cristais do faro desexabamos ver a horta do mar a franxa ou nadar e chegar á illa por iso uliamos a brea a piche negro a fondo de gamela os nosos pes abríanse ao contacto co granito caïamos dereitos ou en forma de acio abriamos a tona das augas por un intre soportabamos o peso do materno un canto átono nas dunas nel tallamos os músculos da glote despois todo desaparece o salitre o iodo as algas o aceite a intelixencia as voces de Deus os vidros vermellos todo Chus Pato ...
Blog de la Biblioteca del IES Aricel